FAITE AMIGO DA NOSA LIBRARÍA

FAITE "AMIGO" DE AIRA DAS LETRAS.

Vantaxes:

-5% de desconto en libros.
-10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% e ao 25% no Arume Xogal. Entendemos por familia pais, fillos e avós.
-Reserva de libros de texto (desconto do 5% e agasallo sorpresa).
-Descontos especiais, agasallos, sorteos.....

domingo, outubro 24, 2010

Obradoiro Infantil

O sábado día 30-10-2010, ás 4 da tarde, faremos o noso primeiro obradoiro infantil (nenos a partir de 4 anos). Dita actividade consistirá:
-Conto do Samaín
-Obradoiro de cabazas
-Xogo das meigas.
Como a nosa libraría ten un espazo limitado hai que reservar previamente. O custo da actividade será de 4 euros para os "amigos da libraría" e de 6 euros para o resto.
A actividade será realizada pola empresa.
http://arunrunxogoseenredos.blogspot.com/

sábado, outubro 23, 2010

Presentación do libro "Prenderei a lareira" de Vicente Reboleiro

O vindeiro venres día 29 de Outubro, ás 20:30, faremos a presentación do libro de poemas "Prenderei a lareira" do poeta do Courel Vicente Reboleiro. En dita presentación farase unha homenaxe a Uxío Novoneyra e a súa terra, o Courel, con proxeccións de imaxes e videos.
Acompañando musicalmente ao autor estará a nosa amiga Mila da Aira.
Para facer máis amena a actividade, que queremos que sexa participativa, contaremos cun viño do país.

segunda-feira, outubro 04, 2010

Presentación do Libro-Disco de Ugia Pedreira "Noente Paradise"


O vindeiro venres día 15 -as 20:30- Ugia Pedreira presentará en Aira das Letras o Libro-Disco: "Noente Paradise". Logo, pola noite, dará un concerto no café-teatro Roi Xordo -ás 24:00- xunto a Fred Martins.
Se queres mercar Noente Paradise pásate por Aira das letras. Custo 20 euros (inclúe CD + Postais).
Os amigos da libraría teñen un desconto do 5% .
Se queres saber máis entra en:

Presentación do libro Filhos da Brétema de Artur Alonso e degustación do viño -Muralhas de Monçao- por cortesía de Rosa Castelá.




O vindeiro sábado día 9, ás 20:00, o esritor Artur Alonso fará a presentación do seu libro de poemas: Fillos da Brétema.






Para coñecer máis deste escritor entra en


Como novidade combinaremos a presentación de dito libro coa cata dun viño portugués -Muralhas de Monçao - por cortesía de Rosa Castelá.

Dito viño conta coas seguintes características:

Vinho branco de cepas Alvarinho e Trajadura no

que destacan notas intensas de froita tropical, limón e pinha, cheo, fresco

e persistente, delicioso.



Graduación: 12,8º

Color: amarelo pallizo.

Lixeramente gaseado no inicio

Temperatura para servizo: 4º graos

Temperatura ideal na copa: de 6 a 7º



Localización das cepas: Beira portuguesa do rio Miño na región de Melgaço

e Monçao

Altitude de 50 a 150 metros sobre o nivel do mar.
http://www.adegademoncao.pt/
Dito viño podes atopalo en Rosa Castelá.
http://www.rosacastela.com/