FAITE AMIGO DA NOSA LIBRARÍA

FAITE "AMIGO" DE AIRA DAS LETRAS.

Vantaxes:

-5% de desconto en libros.
-10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% e ao 25% no Arume Xogal. Entendemos por familia pais, fillos e avós.
-Reserva de libros de texto (desconto do 5% e agasallo sorpresa).
-Descontos especiais, agasallos, sorteos.....

segunda-feira, novembro 22, 2010

Investigación popular en Allariz e contorna (canteiros, cruceiros e traballos comunitarios).

O vindeiro sábado, ás 20:00 horas, o noso amigo Angel Cerrato (un vallisoletano amante da nosa terra) mailo seu fillo disertarán sobre unha serie de publicacións que realizaron de tipo etnográfico vinculadas a Allariz e contorna (canteiros de Nanín...).
E para rematar, mentras tomamos un viño recomendado por Rosa Castelá, faremos un coloquio sobre Darwin, xa que estes autores publicaron a primeira biografía en galego do insigne personaxe.

3 comentários:

  1. Daille moitos, moitos recordos da miña parte, por favor!!! Foi mestre meu de Historia no instituto de Xinzo e lémbrome moitísimo del. Osti, casualidades da vida, agora publica sobre Nanín... entón falará das familias de meus pais, que foron canteiros!
    Unha aperta dende Girona!

    ResponderExcluir
  2. Ondiá, acho que cheguei tarde, agora me dou conta...

    ResponderExcluir
  3. Ola
    Pasa o inverno en >Valladolid. Cando volte comentareillo.
    Unha aperta

    ResponderExcluir