¿Cómo mercar o xogo na nosa libraría?
Pásanos un correo cos seguintes datos: dirección de envío, teléfono de contacto, horario para recibir o paquete e especificar se hai que facer factura ou non. Nós respondémosche enviando o número de conta e, cando nos remitas o xustificante de pago escaneado ou similar, dámoslle saída ao xogo.
O custo é de 39,5 euros (IVE incluído) + portes.
Pedidos a: pedidos@airadasletras.com
Aquelas persoas que se fagan amigas da libraría contarán con portes pagos.
Outras librarías onde podes atopalo.
Andel de Vigo
Torga de Ourense
Couceiro de Santiago
Pontillón de Moaña
Sisargas da Coruña
Babel de Vigo
Quijote de Ferrol Metrópolis de Ferrol Galicia de Lugo Bahía de Foz Porta da Vila de Viveiro Ramos de Ortigueira Biblos de Lugo Gráficas Santiago de Ribadeo Hotel Cebreiro de Pedrafita Agrasar de Monforte Couceiro de Coruña Brañas de Carballo Arume de Ordes Follas Novas de Santiago Paz de Pontevedra Cronopios de Pontevedra Mendinho de Vigo Librouro de Vigo Peles Guedellas de Vigo Ites de Vigo Marín de Marín Hijos de Amador Pérez de Redondela Marxe de A Estrada Escribán de A Cañiza Cervantes de A Garda Escolma de Carballiño Castro de Carballiño Conde de Celanova Murciego de O Barco Praxis de O Barco A Escola da Eira dos Bolos de Portela Sargadelos de O Barco Mafranch de Ribadavia | |
E tamén en Biblos Clube de lectores | |
CARACTERÍSTICAS. Xogo de mesa de preguntas e respostas dedicado a Galicia, á súa historia, cultura, territorio e lingua. Redactado integramente en galego, seguindo a vixente normativa ortográfica oficial aprobada no ano 2003 pola Real Academia Galega. A Lei de Normalización Lingüística de Galicia (Lei 3/1983) estableceu o mandato de elaborar un Plan de Normalización Lingüística que alertou, entre outras cuestións, sobre a escaseza de recursos de ocio en lingua galega e propuxo como medidas para cambiar esta situación a habilitación de espazos de promoción e uso do galego nos diversos ámbitos (educativo, cultural, comercial) relacionados directa ou indirectamente con ese aspecto lúdico da formación e, especificamente, a potenciación da oferta de produtos de demanda masiva no terreo do ocio e o entretemento. http://www.laregion.es/noticia/136938/desafio/cultura/galega/http://www.xornal.com/artigo/2010/11/29/sociedad/arume-xogal-xogo-aprender-cultura-galega/2010112900074504757.html | |
Nenhum comentário:
Postar um comentário