O próximo sábado presentaremos o libro do noso amigo cubano Eddy a eso das 21:00 horas.
Neste traballo reflexiona sobre a caída do socialismo nos países do Leste dende a perspectiva dunha persoa que o viviu dende dentro como diplomático cubano en Bulgaria.
FAITE AMIGO DA NOSA LIBRARÍA
FAITE "AMIGO" DE AIRA DAS LETRAS.
Vantaxes:
-5% de desconto en libros.
-10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% e ao 25% no Arume Xogal. Entendemos por familia pais, fillos e avós.
-Reserva de libros de texto (desconto do 5% e agasallo sorpresa).
-Descontos especiais, agasallos, sorteos.....

domingo, maio 29, 2011
domingo, maio 22, 2011
Concerto do Grupo DejeMede
O venres a eso das 20:30 faremos un concerto para os amigos/as da libraría.
O trío DejeMeDe nace en Ourense neste mesmo ano 2011 case como producto dunha combustión espontánea, pero non por iso carente de enerxía e creatividade a raudales, característica principal do grupo, sendo capaces de sumerxirnos nunha catarse intimista e reflexiva para no seguinte pao bulir fervendo, e como vulgarmente se diría, “por peteneras” marcándose unhos tanguillos dignos do mesmísimo Tomatito...
Os responsables de tal cumio de forzas son tres alquimistas chamados:
- David Cid...Baixista ourensán cunha longa traxectoria no eido da música, actualmente comparte espacio sonoro co segundo de a bordo nun dúo chamado Naked Fingers.
- Diego Mosquera... electroduende das seis cordas. A guitarra nas súas mans perde a condición de instrumento independente para converterse nunha prolongación física desta mente perversa... musicalmente falando.
- Kinhos Saburido...Volcán en erupción, todos os sismos rítmicos son producto desta pequena caixa de pandora, bulide a protexervos agora que inda estades a tempo...
Postado por
airadasletras
às
18:40
0
comentários
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
terça-feira, maio 17, 2011
Presentació do Libro: O segredo de Marco Polo
O venres día 20, ás 20:15 horas, presentaremos o libro de Francisco Castro: O segredo de Marco Polo
Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII
Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre o soldado e a princesa, xa que logo é un amor imposible. Ata que entra en xogo un Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura.
Polo medio, un enigma, un segredo como suxire o título, que non se desvelará ata o final desta novela na que o autor recrea xa non só a Venecia do seu esplendor, senón que nos fai viaxar, da man do Marco Polo, ás terras da China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira na súa xuventude.
Blog do autor: franciscocastro.blogaliza.org

11:14
0
comentários
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Assinar:
Postagens (Atom)