FAITE AMIGO DA NOSA LIBRARÍA

FAITE "AMIGO" DE AIRA DAS LETRAS.

Vantaxes:

-5% de desconto en libros.
-10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% e ao 25% no Arume Xogal. Entendemos por familia pais, fillos e avós.
-Reserva de libros de texto (desconto do 5% e agasallo sorpresa).
-Descontos especiais, agasallos, sorteos.....

O último libro que lin foi:

12 comentários:

  1. Maus
    Maus es la historia de un superviviente de Auschwitz, Vladek Spiegelman narrada a su hijo Art, el autor del libro. Pero además, en Maus el autor también realiza un retrato de su padre en la actualidad (en el momento en que se entrevista con él para que le relate sus recuerdos de la guerra) así como de su difícil y tensa relación con él. En Maus, Spiegelman va más allá del Holocausto para instalarse en la psicología del superviviente en un intento de deshacer la maraña de su relación paterno-filial, de la sombra de una madre suicida y del fantasma de un hermano santificado al que nunca conoció. Hay que mencionar que en Maus los personajes se nos muestran con rasgos faciales de animales, característica que se usa con fines narrativos; así, por ejemplo, los judíos son presentados ratones, mientras que los nazis como gatos. (Texto adaptado del dossier de prensa de la editorial)

    ResponderExcluir
  2. Eu teño moitos libros favoritos, non sabería escoller só un...pero hoxe vou recomendar un que merquei na Aira das Letras: "Lamentaciones de un prepucio" de Shalom Auslander. É unha autobiografía divertidísima, moi aceda pero dun humor intelixente e de rápida lectura,sobre o Deus xudeu-encabronado sempre coas súas criaturas. Moi recomendable para crentes críticos, ateos, ateístas e demais fauna agnóstica. Para rir a cachón!

    ResponderExcluir
  3. Los Buddenbrook de Thomas Mann. Saga familiar: ascenso e decadencia dunha familia en tres xeneracións). Libro que reflexa o dito: pai comerciante, fillo paseante e neto mendicante. Moi ben narrado.

    ResponderExcluir
  4. O último libro que lin foi:
    "TOKIO BLUES" de Haruki Murakami,ambientada nos anos sesenta; fantástica historia que narra a historia de Toru Watanabe,un xoven universitario
    que se caracteriza por unha singular ecuanimidade, pola capacidade de comprender aos demais e entregarlle o seu cariño sen perder con iso o equilibrio e a sensatez.
    Deixovos un extracto:
    -En una caja de galletas hay muchas clases distintas de galletas. Algunas te gustan y otras no. Al principio te comes las que te gustan, y al final sólo quedan las que no te gustan. Pues yo, cuando lo estoy pasando mal, siempre pienso: “Tengo que acabar con esto cuanto antes y ya vendrán tiempos mejores. Porque la vida es como una caja de galletas” (p. 330).

    ResponderExcluir
  5. Levo algún tempo (alternando con outros títulos para evitar o derrumbe) con "La terapia de shock" de Naomi Klein, a que escribira tamen "No logo". E un libro espectacular, no que, partindo daunha breve historia do uso (e sobre todo abuso) do electroshock, traslada as derivacións que este tivo finalmente como método de tortura sistemática e de anulación da vontade á politica internacional, explicando con moitos casos e exemplos como o brutalcapitalismo neoliberal aprendeu a aproveitar, favorecer, uo mesmo provocar diferentes tipos de shock en diferentes partes do mundo para impoñer as suas políticas... Vamos, o que xa sabiamos e/ou sospeitábamos explicado do a o z. Insisto, moi recomendable, pero teñan vostedes a man algo máis lixeiro para repousar de vez en cando.

    ResponderExcluir
  6. Pues no son los últimos, pero dan pistas...

    Para saber de dónde venimos: Los renglones torcidos de Dios... (Torcuato Luca de Tena)

    Dónde vivimos: Un mundo feliz (Aldous Huxley)

    Cómo sentimos: El lector (Bernhard Schlink)

    A dónde vamos: 1984 (George Orwell)

    Qué somos: Drácula (Bram Stoker)

    Continuará...

    ResponderExcluir
  7. Un dos meus libros favoritos é LA LENGUA ABSUELTA de Elías Canetti. É unha especie de autobiografía na que o autor conta a súa relación coas linguas e a literatura.Fillo dunha próspera familia sefardí vive nun munco onde se misturan gregos, rumanos, búlgaros, albaneses....os balcáns. Fantástico!!

    ResponderExcluir
  8. Estou lendo agora mesmo 1Q84, de Haruki Murakami. Recoméndovolo, como case todos os libros deste autor xaponés. Aínda que ten ecos de 1984, de Orwell, en realidade non é unha nova versión desta obra, senón unha historia orixinalísima, onde se mesturan a ciencia ficción, o realismo cru e nu da violencia en estado puro, as descricións delicadas e miúdas propias de Murakami...Unha xoia coa que estou gozando a cada páxina!

    ResponderExcluir
  9. Despois de ler Resistencia de Rosa Aneiros, agora estou con Sol de Inverno da mesma autora, é un libro que recomendo.

    ResponderExcluir
  10. Eu acabo de ler a Choiva do mundo, de xm pacho, premio torrente ballester. Paréceme un libro estraño e dende logo o máis moderno que teño lido en galego.

    Sorprendente.

    Lois F. Rodríguez

    ResponderExcluir
  11. Ola
    Estou a ler Sandman de Neil Gaiman, novela gráfica dos anos 80. Poderanche gustar máis ou menos os debuxos pero o certo é que o guión é unha pasada.

    ResponderExcluir
  12. Acabo de rematar "El héroe" de David Rubín, que estivo a presentar esta Banda Deseñada o sábado na Feira do libro de Allariz.
    Conta as aventuras de Heracles, o heroe mitolóxico grego, pero cunha sensibilidade contemporánea e moito humor, á parte da acción propia destas historias.
    Outra gozada deste autor, para min o number-one do cómic galego ( e parte do universo).

    ResponderExcluir