Actuación no Roi Xordo do grupo Fantoches Baj na honra de Lois Pereiro. As entradas para esa actividade darán dereito a participar nun sorteo de libros en galego (o día seguinte no Roi Xordo) e a un 10% de desconto nos libros en Galego o día 17 na nosa libraría.
O custe das entradas é de 4 euros pero se mercades libros en galego, por importe superior a 20 euros, teredes un desconto do 50% (2 euros).
Martes 17
Ás 12 haberá unha concentración da plataforma Queremos Galego na praza do concello.
A partir da 17:00 no Roi Xordo competición de Arume Xogal e sorteo de libros entre os asistentes a actividade do día 16.
POESÍA ÚLTIMA DE LP
Poesía Última de LP é un espectáculo de teatro de obxectos con música en directo baseado en textos do poeta Lois Pereiro. A partir dos seus poemas, e mediante o recurso explorado polo propio Lois de converterse en narrador de si mesmo, relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da súa vida.
A posta en escena é simple e innovadora. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes.
A sonoplastia, creada por Benxa Otero e tocada en directo por el mesmo con sintetizador e lupeadora, axuda a crear os ambientes necesarios e a ilustrar algúns dos espazos que recorreu Lois (o hospital, a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzán, a súa casa…). Esta banda sonora mestura composicións propias con fragmentos de pezas queridas e escoitadas por Lois de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler, Bach, etc...
Nenhum comentário:
Postar um comentário